Loading...
Mestrado en Didácticas Específicas2018-09-19T09:12:10+00:00

MESTRADO EN INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN EN DIDÁCTICAS ESPECÍFICAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

O Mestrado ten por obxecto afondar na formación especializada de profesionais no ámbito da educación formal ou non formal en relación ás distintas áreas disciplinares (Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Matemática), contemplando tamén e de forma especial o carácter interdisciplinar.

Este mestrado, ademais de atender á innovación educativa, á formación AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras) e a o uso adecuado das novas tecnoloxías, achégase á iniciación á investigación educativa nas diferentes áreas antes citadas e abre as portas á realización de posteriores investigacións (tese de doutoramento).

Este mestrado ten carácter interuniversitario e impartirase nas tres universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) que colaboran mutuamente na optimización de recursos materiais e humanos..

A QUEN VAI DIRIXIDO?

TÍTULO CONXUNTO POLAS UNIVERSIDADES:

Universidade de A Coruña

Universidade coordinadora
Dirección: Susana García Barros
susg@udc.es
Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña s/n
15071- A Coruña
981167000

MÁIS INFORMACIÓN
Universidade de Santiago de Compostela

Carmen Franco Vázquez
carmen.franco@usc.es
Facultade de Ciencias da Educación
Campus Norte:
Avda. Xoan XXIII, s/n
15782- Santiago de Compostela

MÁIS INFORMACIÓN
Universidade de Vigo

María Álvarez Lires
lires@uvigo.es
Facultade de Ciencias da Educación
e do Deporte
Campus a Xunqueira, s/n
36005- Pontevedra

MÁIS INFORMACIÓN